Manual da Rede Social Tesouros Piratas

  1. Introducción
  2. Rexistrarse: crear conta de usuario
  3. Personalizar o teu panel de usuario
  4. Encher e personalizar o teu perfíl
  5. Facer amizades
  6. Funcionamento dos grupos
    1. Grupos creados por Ari e Xoeliki
    2. Como crear un grupo
    3. Cómo estar informado dos teus grupos
  7. Outras funcións e ferramentas
    1. Escribir no muro (The wire)
    2. Conectar co Twitter
    3. Enviar mensaxes
    4. Búsqueda
    5. Dispositivo Activity

 

 

1. Introducción

Tesouros Piratas é unha rede social pensada para compartir e muliplicar os coñecementos de cada un de nós. A base para que isto sexa posible son a cooperación, a solidariedade, o apoio mútuo, as gañas de compartir e a inquedanza por aprender novas cousas. Este proxecto é unha aposta decidida pola intelixencia colectiva, o traballo colaborativo e a auto/coaprendizaxe.

Tesouros Piratas apoia a cultura e o software libre. O feito de que sexan libres permiten desenvolvemento cooperativo, a recreación e a cocreación cultural sen límites, salvando así os escollos establecidos por patentes e a propiedad intelectual.

Tesouros Piratas está basada nun sistema open source (Elgg) e non hai nada imposible. Todo dependerá da comunidade que se vaia creando e as súas iniciativas para desenvolver a rede.

Tesouros Piratas na súa comunidade de usuarios e usuarias é corresponsable de que a rede social estea ben organizada e sexa un lugar óptimo para colaborar os uns cos outros. É importante que coidemos os contidos que publicamos por respeto aos nosos compañeiros ciberpiratas. Aconséllase non crear máis grupos dos necesarios e que éstos estean ordenados para poderen navegar e atopar a información con facilidade. É vital non duplicar esforzos e non repetir preguntas e respostas que xa están na propia rede. Todos somos corresponsables de que a rede sexa útil, eficaz e productiva para os nosos intereses e necesidades.

Tesouros Piratas, é algo móvil, non está rematada. Acaba de comezar. Irase desenvolvendo, implementando novos plugins e mellorando o seu uso.

A continuación, unhas intruccions básicas para poñerse a navegar pola rede social.

 

2. Rexistrarse: crear conta de usuario

 

Imagem par rexistrase na rede social Tesouros Piratas


Para crear unha conta de usuario, vai a páxina de Tesouros Piratas, dalle a Registrar, enche os datos, volve darlle a Registrar e recibirás un e-mail na túa conta para que confirmes o teu ingreso na Rede Social Tesouros Piratas.

Imagem da Rede Social para crear unha conta de usuario

 

3. Personalizar o teu panel de usuario

Se queres personalizalo máis e adaptalo aos teus gustos, clica en “Editar painel” na parte superior dereita do panel. Accederás a unha páxina con el título “Adicionar dispositivos a sua página”. Aquí poderás elixir que dispostivos queres ter no teu panel e como organizarlos dependendo do teu gusto.

Imagem da Rede Social Tesouros Piratas para personalizar o panel

O panel é o centro das operacións.: dende aquí poderás ter unha visión xeral de todo o que pasa na túa rede. Sempre que queiras acudir a el, clica na opción “Panel” que está na barra superior. Mais o normal é que queiras facer cousas: publicar no muro (The wire), publicar no blogue que te proporciona la rede, crear páxinas, crear grupos, facer amigos, etc., así que no menú “Ferramentas”, tamén na barra superior, será outra das funcións que máis usarás.

 

4. Encher e personalizar o teu perfíl

Entra o teu perfil, enche os datos e pon a imaxe.

Imagem da rede social Tesouros Piratas para personalizar o perfil

Para manexar o teu perfil, clica na icona -en principio valeira- da esquerda da barra horizontal de arriba. Aquí poderás encher os datos personais e tamén pór a imaxe que queiras en “edita profile icon”.

Aquí tamén podes ver aos teus amigos.

Como podes ver, esta páxina tamén ten, como o panel, dispositivos por defecto que podes editar como queiras. Se queres cambiar o teu nome, o contrasinal ou o teu email, vai a configuracións na barra superior.

 

5. Facer amizades

Para facer amigos tes que ir a ferramentas, na barra de arriba, e darlle a amigos, ahí xa poderás ver os amigos que tes, adicionar amigos dándolle a Invite friends e crear grupos de amigos en Novo grupo de amigos. É moi sinxelo.

Menu da Rede Social Tesouros Piratas para facer amigos

 

6. Funcionamento dos grupos

A rede social Tesouros Piratas,a diferencia do Facebook ou outras redes sociais, está pensada para organizar a actividade en grupos. Cada grupo dispón dos seus própios espazos e ferramentas para o traballo colaborativo: creación de páxinas, un foro (“discussion group”), subir arquivos, crear marcadores favoritos (“bookmarks”) e crear un blogue do grupo. Para poder participar nun grupo tes que engadirte a el.

Se queres acceder aos grupos, vai a “Ferramentas” na barra superior. Logo clica en “Groups”. Verás que accedes a unha páxina que na dereita pon “All site groups”. Clica no que te interese. Accederás á páxina de inicio do grupo. Logo, se queres, súmate ao grupo.

Ari e máis Xoeliki crearon já 7 grupos. Agora hai que crear máis grupos cos temas que máis vos interesen.

 

6.1. Grupos creados por Ari e Xoeliki

Grupo Fase
Beta
Descripción

A fase beta é un grupo para testar e traballar no desenvolvemento da rede Tesouros Piratas.

Enderezo

http://www.tesourospiratas.xoeliki.com/pg/groups/24/fase-beta/

Grupo Protección contra virus, malware e spyware
Descripción Neste grupo ímos aprender a protexer os ordenadores de calquera amenaza: virus, malwares, spywares o outros.
Enderezo http://www.tesourospiratas.xoeliki.com/pg/groups/91/proteo-contra-virus-malwares-e-spywares/
Grupo Dúbidas xerais de informática
Descripción Neste grupo podémonos axudar a resolver os problemas e dúbidas que temos sobre informática.
Enderezo http://www.tesourospiratas.xoeliki.com/pg/groups/90/dbidas-gerais-de-informtica/
Grupo Pelis para ver pola Internet!
Descripción Hai moitos sitios onde poder ver pelis de todo tipo, como mola!!
Enderezo http://www.tesourospiratas.xoeliki.com/pg/groups/88/pelis-para-ver-pola-internet/
Grupo Trucos e consellos para á Internet
Descripción Aquí podemos compartir todo o que saibamos sobre á Internet!:)
Enderezo http://www.tesourospiratas.xoeliki.com/pg/groups/86/trucos-e-consellos-para-internet/
Grupo Programas grauitos
Descripción Hai moitísimos programas gratuitos, iguais aos que se pagan. Aquí poderemos compartir a información dos que coñecemos!!
Enderezo http://www.tesourospiratas.xoeliki.com/pg/groups/83/programas-gratuitos/
Grupo Xogos gratis
Descripción Hai milleiros de xogos gratuitos na Internet, podemos aproveitalos e xogar entre nós!!
Enderezo http://www.tesourospiratas.xoeliki.com/pg/groups/84/xogos-gratis/

 

6.2. Como crear un grupo

Crear un grupo é moi sinxelo. Logo de clicar “Ferramentas”> “Gropus”, na dereita saen os grupos creados, na esquerda hai unha opción chamada “Create a new group”. Clica e accederás ao formulario de creación do novo grupo.

Crear grupos na Rede Social Tesouros Piratas

Este formulario permite engadir unha imaxe que represente ao grupo. Pide que enchas os seguintes campos informativos: “Group name”, Description, brief descrption, Tags (palabras chaves que servirán para arquivar e atopar o grupo creado) e a opción de engadir unha dirección web se fose necesario.

Crear grupo na Rede Social Tesouros Piratas

Hai unha opción moi importante -“Group membership permission”- que permite decidir se queres que o grupo sexa aberto, pode engadirse quen queira, ou ben que sexa pechado e só poderán acceder as persoas que ti invites, que teñen que ser amigas previamente.

Por último, á hora de crear un grupo podes decidir se activas ou non todas as opcións por defecto: group bookmarks, group blog, group files, group pages y group discussion.

Clicas en “Salvar” e pronto: xa tes creado o novo grupo.

 

6.3. Cómo estar informado dos teus grupos

Hai dúas maneiras de estar informado do que pasa nos grupos dos que formas parte cando non estás conectado:

a) A primeira opción é mediante RSS. RSS son as siglas de Really Simple Syndication, un sistema basado na linguaxe XML que permite sindicarse nos sitios web para que de forma automática te avise cando se publican novos contidos. Para recibir as informacións das canles RSS aos que te suscribas terás que asociar as túas suscripcións ou ben co navegador que usas, como o Firefox de Mozilla (de código libre e gratuito), ou ben con aplicacións específicas como o Google Reader (privado pero grautito).

b) A segunda opción é entrar dentro de “Configuraçôes”. Alí, no menú de abaixo á esquerda, atoparás a opción “Group notifications”. Entra e poderás elexir de que grupo queres estar informado e como queres que te avisen dos novos contidos (se por email ou por mensaxe dentro da propia rede).

Notificaciones de grupos na Rede Social Tesouros Piratas

 

7. Outras funcións e ferramentas

7.1. Escribir no muro (The wire)

Menu de ferramentas da Rede Social Tesouros Piratas

Para escoller onde queres que apareza publicado o que vas a escribir no muro, vai a editar na casiña The Wire do panel principal e escolle a opción que máis che guste, se queres que sexa público, para un grupo en concreto, privado, só para amigos ou para usuarios conectados.

Para escribir no muro tes que ir á barra de arriba, Ferramentas e darlle a The Wire. Dende ahí xa poderás escribir o que queiras, ver o que escribiches ti e o que escribiron outros amigos.

 

7.2. Conectar co Twitter

Conectar o dipositovo de Twitter é moi sinxelo. Só tes que clicar na etiquetae “edit”, pór o teu nome de usuario e cantos tweets queres que te mostre por pantalla.

 

7.3. Enviar mensaxes

Enviar mensaxes na Rede Social Tesouros Piratas

Para enviar directos ao amigo ou amiga que queiras (sen que outros usuarios poidan velo), clica na icona con forma de sobre que hai na barra superior do panel. Accederás á pantalla de control de mensaxes. Alí podes acceder ao teu “Inbox” (mensaxes recibidos), escribir mensaxes (“compose message”) o revisar os teus mensaxes enviados (“sent messages”).

 

7.4. Búsqueda

A rede Tesouros Piratas ten un buscador propio. Está situado na parte dereita da barra superior do panel.

Para buscar contidos na rede, escribe a palabra chave na caixa de Pesquisar. Se existen contidos con esa palabra chave, o sistema recuperará esos contidos e permitirache acceder a eles.

Para que este sistema de recuperación de información funcione e sexa útil é necesario que encher todos os campos requeridos á hora de crear grupos, enchendo sempre o campo “tags” (etiquetsa ou palabras chave).

 

7.5. Dispositivo Activity

O dispositovo “Activity” permíteche escoller entre que saian as últimas accións que fixeches ti ou os teus amigos, unha opción interesante para estar informado do que se fai en todo momento.

Compárteo nas redes sociais! / Comparteix-ho a les xarxes socials!

8 responses to “Manual da Rede Social Tesouros Piratas

  1. o libro gustoume moito e querofalar coas persoaxes

  2. hola por poñer algo jejeje

  3. Hola por decir calquer cousa jejejeje

  4. hola por decir calquer cousa jejejejejeje

  5. koruñanola2012

    holiña

  6. o libro encantoume estubo moi ben pero nn lein o primer libro

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *


*