FICHAS DE PERSONAXES

Xoeliki é un neno introvertido e tímido. Gústalle xogar aos videoxogos e pasar horas chateando na Internet. Vive só coa súa nai. Seu pai morreu hai anos nun misterioso accidente. A súa vida é rutineira, pasa moitas horas na casa porque súa nai é moi protectora, mais, grazas a uns feitos misteriosos vivirá aventuras inimaxinables e coñecerá moitos amigos e amigas.

Ari é unha nena rebelde, volveuse moi solitaria dende que lle morreu a nai nunha guerra, mentres informaba para un xornal. Está acostumada a sobrevivir ela soa. Vai un curso máis adiantada que Xoeliki. É idealista, intelixente e ten unha forte conciencia social: pensa que o mundo é inxusto e que hai que cambialo.

Barbabranca é un vello entrañable. Ten a experiencia e a sabedoría dos anos e foi un dos creadores da Resistencia Pirata e a súa escola. É profesor de Artes e Pensamentos. Aínda que é un dos grandes da historia da ciberpiratería, hai anos que non manexa un ordenador. Un desafornutado incidente levouno a  prometer que non volvería a tocar un. Seu pasado é un misterio. Ninguén sabe que lle sucedeu para que teña unha pata de pau, igual que os vellos piratas do mar.

Maverick é un membro destacado da Resistencia Pirata que actúa por libre. Sabe cómo agocharse e  desaparecer. Navega pola Internet sen deixar rastro. É moi hábil e sempre consegue burlar á policía. Aínda que toda a súa vida é un misterio, sabemos que de pequeno foi á Escola Pirata. Alí coñeceu ao profesor Barbabranca e a outros alumnos…

director do colexio de Xoeliki é moi estricto e severo. Ten moi mal caracter, sempre está incomodado. Gústalle castigar aos alumnos e busca a mínima oportunidade para facelo. Pensa que os nenos e nenas de hoxe son uns maleducados e que están  pervertidos pola Internet. Para el a Internet é o mal do noso tempo, por iso pertence á Asociación por unha Rede Limpa. Para esta organización civil, a Internet está chea de contidos perigosos que deberían prohibirse aos nenos e nenas.

Centulo é profesor de Programación e Desenvolvemento de proxectos na Escola Pirata. É un xenio da informática e dos videoxogos. É quen de programar calquera cousa: para el, as linguaxes máis complexas de programación son  xogos, tipo os cruzigramas. É un defensor acérrimo do software libre e do traballo colaborativo. Repite unha frase varias veces por hora: “O traballo en equipo multiplica as ideas, os coñecementos e as capacidades de cada un de forma exponencial”.

Ivan o Bucaniero é un alumno da Escola Pirata. Destaca como un dos mellores xogadores do equipo  Os Bucaneiros. Ten unha personalidade forte. Está convencido de que as misións que teñen que facer como ciberpiratas son moi importantes para manter á Internet libre e propagar a cultura e o coñecemento libre. Non lle gusta o estigma social que teñen os piratas informáticos. Sente que o mundo é inxusto con eles, que os exclúe e que os marxina inxustamente.

Estrela é unha amiga especial de Xoeliki. Fala con el case todos os días pola Internet. A súa relación só é virtual. Coñecéronse nun chat hai meses. Viven a milleiros de kilómetros e nunca se viron nin se escoitaron, mais, fixéronse moi amigos. Ela é alegre e moi viva. Gústalle o teatro e debuxar, mais, moitas veces na casa aborrece e conéctase á Internet..

Mr Virus é o arquienimigo da Resistencia Pirata. É un experto ciberpirata que non comparte os ideais da Resistencia Pirata: para el, a piratería informática non entende de outros valores que non sexan o valor económico. Para el o mundo é un gran negocio no que só conta ser o mellor e o máis rico.  Non lle gustan nada os nenos e as nenas, non os soporta, sácanlle de quicio. Todo o que ten que ver coa infancia irrítalle profundamente. Pouco se sabe da súa vida persoal e do seu pasado. Hai moitos misterios por resolver, mais, parece que cando era novo estivo cos pioneiros da Escola Pirata…

Compárteo nas redes sociais! / Comparteix-ho a les xarxes socials!

8 responses to “FICHAS DE PERSONAXES

  1. non é resistencia pirata senon ciberpirata

  2. Jose María Lopez Camiño

    Este libro es una mierda me lo hicieron leer y no vale ni na

  3. Es mui interesante me gustan mucho los ordenadores y los piratas mi personaje preferido es Ari.

  4. gustoume moito este libro meu personaxe preferido e estrela

  5. Este libro gustoume moito o meu pernaxe favorito e maverik.

  6. Jajajaja molaa , eh moooi divertido

  7. me gustou moitisimo

  8. Este libro e unha merda o lin por obrigacion e é unha porqueria de libro

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *


*