Como se fixeron as ilustracións

Para facer as ilustracións e debuxar os fondos, a roupa e os personaxes, mirei fotos, saín a rúa cunha libreta e un lápis, observei o que teño na casa… Unha vez collín os meus apuntes, comezei a debuxar. Fixen un boceto co lapis para saber onde colocar as cousas e darlle forma aos personaxes, despois calquei ese primeiro boceto, paseino a limpo e por último dinlle as sombras e a cor. Dependendo de como utilices as sombras e as cores  podes conseguir darlle máis misterio aos debuxos. Aquí abaixo podedes ver un exemplo de como se fixeron as ilustracións de Xoeliki!!

Nesta primeira, para debuxar o andel do cuarto de Barbabranca, copiei un que teño no cuarto onde traballo. Para a roupa de Barbabranca mirei fotos dos anos 30 do século XX e para as prantas, metinme nunha páxina de botánica, da Internet, e debuxei as que máis se axeitaban á ilustración.

 

Para debuxar o bar, fun tomar un café a un bar que está o carón da miña casa e nunha libreta fun apuntando cousas que me gustaban, o vaso, a mesa, a taza do café etc…os edificios do fondo, igual que as farolas, son dun barrio de Vigo, onde vivo eu. Para a roupa de Maverick mirei un catálogo de roupa para señores.

Nesta ilustración só tiven que fixarme no cuarto onde traballo e porme a debuxar. A tele saqueina dun catálogo de electrodomésticos. Neste debuxo teñen moita importancia as sombras e as cores para dar sensación de que están as oscuras, só coa luz da tele, vendo algo misterioso.

Para a portada gustábame facer algo con movemento e con certo misterio por iso están Maverick e a Barbabranca no fondo e en silueta, moito máis grandes que Xoeliki, Centulo e Ari, que están cada un nunha dirección. No fondo hai uns chips para darlle un aire informático ao debuxo.

Para crear a Xoeliki tamén houbo que darlle moitas voltas ate chegar ao debuxo definitivo. Aquí tendes unhas mostras dos primeiros bocetos. Primeiro era máis pequeno e cabezón, logo estirou un pouco, mais, seguía sendo cabezón. Volveu estirar e a cabeza fíxoselle máis pequena, logo pasou a levar gafas e quedou sen a gorra, para volver a levala máis adiante pero coa cara moi tapada para dar máis misterio e xa o último subíuselle un chisco a biseira para que se lle vera máis a cara, medráronlle as gafas e fíxose outra vez un pouquiño cabezón.

Para facer a Xoeliki e a súa roupa, inspireime nos rapaces que van pola rúa e tamén mirei fotos na Internet, como por exemplo, do piloto de motos Jorge Lorenzo.

 

                   —————————————————————————————————————————–

Compárteo nas redes sociais! / Comparteix-ho a les xarxes socials!

One response to “Como se fixeron as ilustracións

  1. facede outro libro de xoeliki porfavor

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *


*