Category Archives: Uncategorized

Xoeliki gañador do premio Frey Martín Sarmiento!!

Estamos de parabéns!! Xoeliki resultou gañador da IX edición do premio Frey Martín Sarmiento.

Moitas grazas a tod@s @s lectores e lectoras!! Agardamos que sigades gozando coas aventuras dos ciberpiratas. 😉

PortadaLibro

Xoeliki debuxado polos alumnos do ies 12 de outubro de Ourense!

xoeliki 12 outubro

 

 

 

 

 

Moitas grazas! Paseino moi ben no instituto.

Nova crítica sobre Xoeliki no blogue de Criticalia.

Nova crítica de Armando Requeixo sobre o libro “Xoeliki. As aventuras dun ciberpirata. O Grande Apagamento” no seu blogue de Criticalia.
http://armandorequeixo.blogaliza.org/2013/03/10/xoeliki-reloaded/

“O Grande Apagamento” debuxado polos alumnos de 1º e 2º do IES Félix Muriel

É fantástico! Moitas grazas! :-)

Todos os capítulos ilustrados un por un! Clica en Show as slideshow para velo mellor!

Queres saber os que son os autores das ilustracións? Aquí tes os seus nomes!

Entrevista a Abraham Carreiro na web dioivo.eu por Montse Dopico

Fonte orixinal: http://www.dioivo.eu/creacion/1171-unha-sociedade-amedrentada-e-moi-manexable

“Unha sociedade amedrentada é moi manexable”

Abraham Carreiro e Maties Segura publicaron da man de Sotelo Blanco a segunda parte das aventuras do ciberpirata Xoeliki, un mociño disposto a meterse en leas por salvagardar a liberdade en internet. Unha historia moi actual, coa loita contra a censura de fondo. Falamos con Carreiro, creador da parte gráfica desta novela.

Non só ilustraches a historia de Maties. En realidade, os dous creastes o relato, discutistes sobre el.. Como foi o proceso, tendo en conta que vivides bastante lonxe?

Maties e máis eu coñecémonos de vivir xuntos en Barcelona. Eu tiña na cabeza a idea de facer unha historia sobre ciberpiratas, un tema que lle gusta moito a Maties. Nunha das miñas visitas a Barcelona quedamos e comenteille o proxecto. Pareceulle moi ben, e esa tarde xurdiron cantidade de ideas para avanzar na historia. Logo, a Internet tivo unha importancia fundamental para manter unha comunicación fluída dende a distancia. Primeiro definimos os personaxes principais, acordamos por onde queríamos levar o argumento e fixemos un esquelete base, dividido en capítulos. Maties encargábase de escribir e desenvolver cada capítulo, enviabamo e discutiámolo. Ao facer eu a tradución ao galego estaba moi metido no texto. Os diálogos dos personaxes, por cuestión do idioma e de experiencia, tamén eran máis cousa miña. Pasamos algún atranco, mais foi divertido.

Continue reading

Conversa na vella biblioteca!!

Moitas grazas a Xoel, Patricia, Jacobo e Javier por colaborar de forma altruista con este proxecto. As súas voces déronlle vida a Maverick, Mr. Virus e ao comisario Bocanegra durante o encontro na vella biblioteca.

Xoel Yañez: Maverick./Patricia Gómez: Mr. Virus./Jacobo: comisario Bocanegra/Javier: Son

http://www.xoeliki.com/streaming-encontro-mrvirus-maverick

Deixámosvos unha foto do momento da gravación.

 

 

 

Xa nas librerías o segundo libro de Xoeliki: O Grande Apagamento

“Xoeliki e os ciberpiratas volven con novas aventuras. Esta vez a Internet está apagada, apenas funciona. As rúas tamén están ás escuras, non teñen iluminación. É o Grande Apagamento. Hai que devolver a luz! Mr.Virurs intentará acabar coa Escola Pirata de novo e perpetuar esta escuridade para sempre. Polo camiño, Xoeliki descubrirá máis cousas de seu pai, coñecerá novos personaxes como Yoshio, un neno xaponés, especialista en inventar aparellos informáticos, Xurelo, Alicia –Directora de Sistemas de Indización e Recuperación de Google… – e tamén topará coa PPI –Policía da Propiedade Intelectual-, con arañas cibernéticas, microchips antidepresivos, labirintos e ata cun meteorito.”

O novo libro das aventuras de Xoeliki ten moitas sorpresas! É aínda máis interactivo e crossmedia que o primeiro, con moitos enlaces para seguir a historia do libro en Internet.

Máis información do libro: http://www.soteloblancoedicions.com/ficha_libro.asp?IdLibro=186&Tipo=1

Cómic xenial realizado pola clase de 5º B do CEIP Ramón Cabanillas!!!

O cómic foi realizado pola clase de 5º B do CEIP Ramón Cabanillas e a súa profe Maribel Varela.

Grazas!!

NOVA SECCIÓN PARA TOD@S!!

Ola a tod@s, queda inaugurada unha nova sección dentro da web de Xoeliki. Chámase XOELIKI POL@S NEN@S e nela aparecerán todos os debuxos que os nenos e nenas de Galicia facedes sobre a historia e os personaxes de Xoeliki. Deixámosvos o enlace para que a vexades:

http://www.xoeliki.com/xoeliki-pols-nens/

Tamén podedes entrar dende o menú superior da páxina web.

 

Xoeliki 2, novas aventuras! Proximamente nas librarías!

Dibujo de Xoeliki 2

Que misterio oculta a resolución do virus Capintangrafo.exe? Se Xoeliki non foi quen o solucionou, que sucedeu? Como seguen as aventuras de Xoeliki e os seus amigos? A Internet, polo momento, foi salvada e continua sendo libre, mais, Mr.Virus segue coa obsesión de controlala e impedir que os nenos e nenas naveguen libremente por ela. Achéganse novos perigos, mais,  a Resistencia Pirata non ten medo: seguirá loitando pola liberdade da Internet, por impulsar o coñecemento e a cultura libres e pola intelixencia colectiva. Xoeliki terá que compaxinar o colexio coa Escola Pirata, onde non só aprenderá a ser un bó ciberpirata, senón que coñecerá segredos e misterios que teñen que ver co seu pai, morto hai anos. Queres coñecer como continúa a historia de Xoeliki? Enrólate na tripulación dos ciberpiratas e prepárate para novas aventuras na segunda parte de Xoeliki!

Trailer do libro “Xoeliki. As aventuras dun ciberpirata”

Merca o libro!

Clica na imaxe de abaixo e merca o teu libro!

This movie requires Flash Player 8

Críticas do libro

Portada

Xoeliki é un neno de once anos introvertido e tímido. Xoga aos videoxogos on-line e bota horas chateando na Internet. Pasa moito tempo só porque a nai traballa todo o día e o pai morreu hai uns anos. A vida de Xoeliki é moi rutineira, xira arredor da casa e do colexio, ata que un día ocorre un feito misterioso que lla cambiará por completo: recibe un paquete sorpresa. Isto levarao a vivir novas aventuras, coñecer amigas e amigos como Ari, o sabio Barbabranca, o enigmático Maverick, Centulo –profesor de Programación e Desenvolvemento– e algún inimigo como Mr.Virus. Descubrirá cousas inimaxinables para el.